Loading...
EMPRENDEDORES 2017-06-04T21:00:19+00:00
IPPEC EMPRENDEDORES

Un dos obxectivos do Instituto Pontés de Promoción Económica é o desenvolvemento e implementación de accións de orientación para o autoemprego, considerando este centro de promoción de iniciativas empresariais como todo un conxunto de actividades que teñen por obxecto promover e apoiar novos emprendedores. Considérase que o apoio e fomento de novos emprendedores, xunto cos novos proxectos, deben ser obxectivo prioritario de todas as políticas activas de emprego e de todas aquelas iniciativas sociais que teñen como finalidade a loita contra o desemprego.
Para actuar con eficiencia, estos servizos integrais, están perfectamente estructurados para dar unha resposta coherente e oportuna en función das necesidades concretas e dos requerimentos que sexan demandados. esta metodoloxía de traballo conleva o desenvolvemento de diferentes itinerarios e actividades para a promoción de iniciativas empresariais no marco do noso Concello.

Entre os obxectivos do IPPEC, dentro da promoción de iniciativas emprendedoras, atopamos:
• Lograr un cambio de actitudes respecto ao autoemprego e a creación de empresas. Cultura do autoemprego com formula de incorporación ao mercado de traballo.
• Apoiar as iniciativas que xurdan cun estudio serio e riguroso do proxecto.
• Formación de emprendedores que proporcione garantías de futuro de esas incipientes empresas.
• Preténdese unha incidencia social mediante a difución dunha cultura empresarial definida e un apoio concreto aos emprendedores/as dirixido a mellorar a formación e as oportunidades de desenvolvemento da súa futura empresa.

• Motivar sobre as posibilidades de creación de empresas superando así prexuizos e elementos alleos.
• Informar sobre os diferentes aspectos da creación e xestión das empresas.
• Cambiar actitudes e facilitar a aprendizaxe de habilidades persoais e profesionais relacionadas coa creación de empresas.
• Diagnosticar os recursos endóxenos da nosa localidade e as súas posibilidades para a creación e xestión de empresas.
• Diagnosticar os emprendedores//as e os proxectos empresariais concretos.
• Mellorar as posibilidades de creación e dirección de empresas.
• Asesorar na creación de empresas.
• Cubrir as necesidades de maneira integral.

• Analizar a viabilidade da idea de negocio plantexada.
• Viabilidade Técnica: Estudar as posibilidades materiais, físicas e químicas de producir o ben ou servizo que espera xerarse do proxecto.
• Viabilidade Comercial: Indicará se o mercado é ou non sensible ao servizo ou ben producido, e a súa aceptabilidade a través do seu consumo e uso.
• Viabilidade Económica: en todo proxecto ñe necesario o estudo e cuantificación da inversión, e éste leva aparellado un estudo e cuantificación da inversión, e éste leva aparellado un proxecto de financiación, xa que ambos están representado a mesma realidade, pero analizada dende os dous puntos de vista.
• Viabilidade Financieira: Orientación para a capacidade da empresa de obter fondos necesarios para satisfacer os requisitos funcionais a corto, medio e longo prazo.
• Viabilidade social: Estudo do impacto que tería na sociedade e posta en marcha dese proxecto, en función do perfil do emprendedor ou emprendedora, ou segundo as características da empresa.

• É un recurso fundamental na planificación do desenvolvemento futuro da empresa. A elaboración ordenada de casa un dos epígrafes permite clasificar tódolos procesos para a posta en marcha da empresa.
• A definición concreta da liña de actividade ou, no seu caso, a reordenación da idea inicial. Non se trata dun documento estático.
• Dende o punto de vista financieiro é unha ferramenta fundamental para a presentación dos obxectivos.
• É a carta de presentación do emprendedor/a a terceiros (entiddades públicas ou provadas)
• É unha ferrametna interna da valoración da posta en marcha. Viabilidade.
• O Plan de Empresa, aparte das actividades xerais, presenta unha vantaxe non só de cara ao exterior, se non a nivel endóxeno.
• Dá unha visión global da viabilidade do negocio.
• Permite unha estructuración da información.
• Garante imaxe e profesionalidade.
• Descubre posibles diferencias de criterios.

FOMENTO DO EMPRENDEMENTO

O IPPEC a través dos técnicos específicos realiza ó longo do ano unha serie de actuacións de cara o desenrolo e promoción do emprendemento. Algunhas de estas podrían ser:
Xornadas de concienciación nos centros de enseñanza co obxectivo de crear unha cultura emprendedora.
Apoio ós concursos organizados por entidades de emprendedores co obxectivo de premiar e valorar todas as inciativas de este tipo.
Servir de contacto de cara a axentes externos que deseen coñecer a realidade de As Pontes de cara ó fomento e o desenrolo da cultura emprendedora.

As axudas As Pontes Emprende son axudas municipais á creación de empresas que o Concello de As Pontes convoca tódolos anos a través do programa “AS PONTES EMPRENDE”.

Existen dúas liñas de axudas:

IMPÚLSATE: axuda cun importe máximo de 2.000 € por persoa beneficiaria para os gastos de aluguer para o desenvolvemento da actividade do ano.
INSTÁLATE: axuda cun importe máximo de 1.000 € por persoa beneficiaria para os gastos de inmobilizado material e inversión en adecuación de locais para a posta en marcha da actividade.

Con el objetivo de fomentar, apoyar y dinamizar la iniciativa, desarrollo y la puesta en marcha de nuevos proyectos empresariales en el ámbito geográfico del Ayuntamiento de As Pontes, de forma individual o colectiva, nacen los premios As Pontes Emprende.
6dd04bdfcdd97df244786fa13c671a117777777777777777777777