Loading...
SERVIZOS SOCIAIS 2017-03-13T20:11:38+00:00
SERVIZOS SOCIAIS

O Departamento de Servizos Sociais ten como obxectivo garantir a universalidade dos dereitos sociais de todos os ponteses. Esta é a ferramenta do Concello das Pontes para dar resposta ás novas realidades e problemáticas sociais.

Este departamento créase para impulsar e organizar os servizos de atención social básica de responsabilidade municipal contribuíndo a garantir o benestar de todas as persoas que viven e conviven nas Pontes. Convidámosche a visitar este apartado da web se estás interesado en coñecer o Catálogo dos Servizos Sociais do Concello das Pontes.

EDIFICIO CASA DOPESO
Calle Rosalía de Castro, nº 28 – 2ª Planta
15320-As Pontes – A Coruña
Teléfono: 981 441 008

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO (con cita previa telefónica)
Servizos Sociais: Luns a Venres de 8:30h a 14h.
Asesoría Xurídica: Venres de 9h a 15h

CATÁGOLO DE SERVIZOS

Medidas destinadas a garantir recursos básicos para as persoas desfavorecidas.

Repartición de alimentos procedentes de excedentes de produción da Unión Europea dirixidos a familias en situación económica precaria.
As axudas para Inserción Social ? Emerxencias Sociais constitúen unha prestación económica ou en especie de carácter urxente, finalista e extraordinario destinada a paliar situacións de carencias transitorias, imprevistas ou excepcionais, así como para previr ou agravamento das mesmas. Son prestacións non periódicas. Axuda de pago destinada a paliar necesidades específicas de carácter básico e urxente.
Prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos básicos de subsistencia solicitados a Xunta de Galicia.

Programas encamiñados ás familias con persoas maiores ao seu cargo, anciáns que viven sós, acollemento ou teleasistencia domiciliaria, entre outros.

Consiste no goce duns días de estancia e tratamento termal nun centro dotado dos recursos materiais e persoais necesarios para a atención das persoas maiores con discapacidade física ou psíquica e que necesiten de axuda para as actividades da súa vida diaria.
Prestación económica individual de carácter periódico que garante uns ingresos mínimos a aquelas persoas que non poidan acceder a outro tipo de pensións.
Axuda de carácter non xornal destinado a aquelas persoas que padezan algún tipo de discapacidade.
Vacacións de descanso en balnearios.
Vacacións de descanso en zonas turísticas, balnearios…
Servizo de atención telefónica ininterrompida.

Este servicio permite al usuario, ante cualquier situación de emergencia, con tan sólo apretar un botón, comunicarse con una central. Allí será atendido por personal especializado y darán respuesta a la situación de crisis.
Dirigido a personas mayores y personas con discapacidad.

Destinado a personas mayores de edad o menores acompañados de sus padres o tutores.
El programa pretende contribuir a ampliar la esperanza de vida activa y saludable de los mayores, manteniendo la autonomía y la independencia, y promoviendo su participación y presencia en la sociedad. Algunas de las actividades desarrolladas son:

  • Risoterapia
  • Relajación
  • Memoria

Programas orientados á familia con fillos menores.

Axuda económica de pago único destinada a aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 18 anos.
Prestación económica mensual por cada fillo menor de 3 anos.

Información e asesoramento sobre as persoas en situación de dependencia.

  • Valoración e recoñecemento da situación de dependencia nos supostos de emerxencia social.
  • Valoración e recoñecemento da situación de dependencia para menores de 3 anos.
  • Valoración e recoñecemento da situación de dependencia.
  • Elaboración do PIA/ Seguimento do PIA.
  • Programa de asignación de recursos (PAR).
  • Programa de respiro Familiar para coidadores e coidadoras de persoas en situación de dependencia.
  • Estancias temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual.
  • Catálogo de servizos SAAD.
  • Servizo de axuda no fogar SAAD.
  • Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia.
  • Servizo de Teleasistencia para persoas en situación de dependencia.
  • Servizo de geolocalización para persoas en situación de dependencia.
  • Servizo Galego de Apoio á Mobilidad Persoal.
  • Libranza vinculada ao servizo.
  • Libranza para cidadáns en contorno familiar.
  • Libranza de asistencia persoal.
  • Centros de día (consorcio).
  • Centros de día de Alzheimer.
  • Centros residenciais para maiores propios da Xunta.
  • Centros residenciais para maiores con prazas públicas concertadas.
  • Centros do IMSERSO.

Servizos de orientación, asesoramento, información e apoio á muller.

A Concellería de Servizos Sociais a través do CIM

[/fusion_text]

ofrece orientación, información e apoio co obxectivo de favorecer a igualdade de xénero . Pretendefacilitar a orientación social, xurídica e psicolóxica á muller que padece especiais dificultades e, nos casos de malos tratos, prescribe tratamientosespecializados .

Ofrécese asesoramento , realizan o diagnóstico da situación familiar e fan un seguimento personalizado, desde distintos ámbitos, para tentar liquidar os problemas das usuarias deste servizo.

  • Atender e dar orientación social, xurídica e psicolóxica á muller que padece especiais dificultades como malos tratos, violacións, agresións sexuais.
  • Facer o diagnóstico da súa situación e facilitar, cando sexa preciso, o acceso aos recursos especializados (casa de acollida para mulleres maltratadas ou otrosalojamientos alternativos)
  • Sensibilizar e concienciar á sociedade da incidencia destas problemáticas e mellorar o seu tratamento colectivo.
  • Facer o seguimento, de forma coordinada, entre todos os profesionais do equipo.
  • Realización de obradoiros: autoestima , memoria.
  • Outros trámites: ruptura matrimonial.

Asesoremiento pedagóxico Atención especializada a poboación infantil xuvenil e ás súas familias.

Compensar as carencias que por mor dunha discapacidade, enfermidade, situación familiar poidan presentar vos nenos e meniñas de educación infantil.
Atender problemas e situacións que afectan o desenrolo persoal, escolar ou familiar dos nenos e nenas: dificultades escolares, problemas de atención, enurese, encoprese, celotipia, medos, problemas da linguaxe, situacións familiares problemáticas (divorcios), maltrato familiar e en xeral calquer aspecto que sexa importante na vida dun neno ou nena.
Os/as nenos e nenas de 12 a 18 anos teñen unhas problemáticas específicas que deben ser tidas en conta a hora de traballar. O motivo de consulta é moi variado: problemas escolares, familiares, problemas de conducta, acoso escolar, trastornos alimentarios, consumo de sustancias, abandono escolar, maltrato familiar…
Dirixido ao alumnado con necesidades educativas especiais permanentes, co fin de que desenrole actitudes positivas cara ao traballo  escolar traballando habilidades básicas de razoamento, comprensión lectora, vocabulario e expresión escrita.
Trátase de acoller e apoiar ao alumnado estranxeiro e as súas familias facilitándolles información e acompañamento e o acceso ós recursos educativos que faciliten a súa integración escolar e social.
Sobre recursos de diferentes ámbitos: educativos, sanitarios, de ocio e tempo libre, formativos, prevención do abandono e o absentismo escolar, información sobre ciclos formativos e modalidades de bacharelato, cursos de formación profesional, apoio na procura do primeiro traballo.
Consiste nunha axuda para sufragar os gastos de material escolar para aquelas familias das Pontes con máis problemas económicos.
Axuda económica para a atención de menores de 3 anos en centros de primeira infancia non sostidos con fondos públicos.
Este programa ponse en marcha co fin de conciliar a vida laboral e familiar dos veciños das Pontes.
O noso obxectivo é asesorar e informar á mocidade pontesa sobre o seu futuro académico ou profesional, así como que tipo de axudas existen para logralo.

O Departamento de Servizos Sociais asesoraralle e axudará cos seguintes trámites:

  • Solicitude do certificado de discapacidade.
  • Información sobre as vantaxes do certificado.

Servizos orientados aos emigrantes.

Asesoramento, apoio en materia de estranxeiría e asilo (información, trámites, asesoramento xurídico, formación, homologación de títulos, axudas, etc.). Información sobre programas de retorno voluntario e información sobre emigración.
Orientación e acompañamento ao reagrupamiento familiar.
Información básica sobre As Pontes e o seu funcionamento, trámites e recursos básicos, lexislación sobre estranxeiría, linguas, costumes e normas de convivencia.

Desde a área de Servcios Sociais do Concello non se intervén directamente no campo das adiccións con e sen substancia, aínda que se traballa de maneira coordinada con outros dispositivos externos que se o fan.

As nosas pautas de actuación neste sentido son:

  • Asesoramento no uso e abuso de substancias tóxicas.
  • Presentación dos dispositivos ao alcance da persoa usuaria.
  • Coordinación co persoal sociosanitario dos centros para a derivación de casos.
  • Asesoramento á familia das posibles pautas a seguir antes do inicio do tratamento.

Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que teñen por obxecto promover o desenvolvemento do benestar social básico de todos os ponteses e pontesas mediante o fomento da acción social.

Desde os servizos sociais do Concello das Pontes realízanse os seguintes programas:

Infórmase os cidadáns sobre os dereitos e recursos en materia de servizos sociais e ofrécese orientación e asesoramento sobre problemáticas específicas.

Consiste en prestar un conxunto de actuacións desde unha perspectiva integral e normalizadora en situacións nas que a persoa teña limitada a súa autonomía persoal ou en casos de desestruturación familiar.

  • Proxecto de intervención familiar
  • Proxecto de axuda a domicilio
Consiste en previr situacións de marxinación.
Para iso realízase un estudo das súas causas buscando a integración e participación no medio social das persoas ou grupos desfavorecidos.
Programa dedicado a familias que teñen unha situación de desestruturación familiar e necesitan unha intervención específica e global en todos os aspectos relacionados con vida familiar, social, educativa, co fin de garantir os dereitos dos menores.

O gabinete xurídico ofrece información, asesoramento e xestión no departamento de servizos sociais:

  • Ruptura matrimonial (convenios reguladores)
  • Garda e custodia de menores
  • Pensións alimenticias e compensatorias
  • Bens e liquidacións de réxime económico matrimonial

  • Malos tratos. Orde de protección. Axudas económicas
  • Abusos sexuais
  • Petición de xustiza gratuíta
  • Incapacitaciones xudiciais

  • Inmigrantes, permisos de residencia e traballo
  • Reclamacións administrativas previas á vía xudicial
  • Débedas. Solicitudes de fraccionamiento de pago
  • Vivenda: desafiuzamento
  • Nacionalidade

Información de contacto das Entidades Colaboradoras:

A XANELA
TELÉFONO: 981452416
CORREO ELECTRÓNICO: axanela@cogami.es
www.axanela.org

VIRXE DO CARME
TELÉFONO(S): 981451633 – 670642054
FAX: 981452522
CORREO ELECTRÓNICO: virxedocarme@sanroquiño.es

ADIANTE
TELÉFONO(S): 981440498 – 638471793
FAX: 981440498

CARITAS
TELÉFONO: 619631263
www.caritas.es

AFAES Porta Nova
TELÉFONO: 981388992
www.afaes.es

COGAMI
TELÉFONO: 981325568
CORREO ELECTRÓNICO: silferrol@cogami.es
www.cogami.es

AFAL
TELÉFONO: 981370692
CORREO ELECTRÓNICO: afalferrolterra@afalferrolterra.com

ASOC.AMAS DE CASA
TELÉFONO: 667748462

ASOC. VIUVAS Mª MAGDALENA
TELÉFONO: 600644889
www.asociacionviudaspontes.wordpress.com

CENTRO DE DÍA ASPANAES
TELÉFONO(S): 981450543-981130044
FAX: 981450543
CORREO ELECTRÓNICO: administracion@aspanaes.org
www.aspanaes.org

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE BENESTAR
TELÉFONO: 981 440 062
FAX: 981440062
CORREO ELECTRÓNICO: c.b.s.pontes@xunta.es

ESCOLA INFANTIL A BAROSA
TELÉFONO: 981 440 308
FAX: 981453185
CORREO ELECTRÓNICO: escola.infantil@aspontes.org

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAYORES
TELÉFONO: 673838908
CORREO ELECTRÓNICO: centrodediaaspontes@gmail.com

FUNDACIÓN EINSA
TELÉFONO(S): 607725737 – 607220303
CORREO ELECTRÓNICO: elena.seara@fundacion.einsa.com
www.fundacioneinsa.com

EQUIPO TÉCNICO
JESÚS PAZ FREIJOMILADMINISTRATIVO
MONSERRAT GONZÁLEZPEDAGOGA
EVA BERGANTIÑOS PÉREZPEDAGOGA
KATIA ROUCO CORRALTRABAJADORA SOCIAL
CELIA MARÍA FREIRETRABAJADORA SOCIAL
MACA REGO PIÑEIROPSICÓLOGA
JUANA TENREIRO BLANCOABOGADA
ccea41b4c521800a17f8908a4ef85bbb]]]]]]]]]]]]]