O aproveitamento turístico tanto dos espazos naturais, como das rutas industriais dos que dispón o Concello das Pontes, fai que unha das súas liñas estratéxicas de desenvolvemento sexa facer a marca As Pontes como un destino de ocio e desfrute. Se queres coñecer máis sobre as oportunidades que che brinda As Pontes como destino turístico só tes que visitar as nosas webs:

Nas pontes existe unha Feira Quincenal que se celebran os días 1 e 15 de cada mes.

Estas feiras consisten na venda de produtos agrícolas e gandeiros dos veciños das parroquias pontesas. Ademais xúntanse gran cantidade de feirantes que veñen doutras localidades, dando ambiente e incrementando a oferta de produtos a disposición dos ponteses.

Mercado Quincenal

Feira do Grelo

ENTROIDO.  A “Feira do Grelo” que hoxe en día goza dunha importante fama, naceu no ano 1981, como froito dunha iniciativa desenvolvida pola Corporación Municipal e a Comisión de Festas do devandito ano. Vendo o incremento da industria e a progresiva desaparición da agricultura tradicional, decidiron potenciar un dos produtos máis típicos da zona: O GRELO.

Dende esas datas vénse celebrando con carácter anual, cada domingo de Entroido, atraendo a miles de persoas de toda Galicia. Ao longo da xornada sucédense diversos actos entre os que destacan: o Concurso de Grelos, as Mostras Artesanais e de Alimentación, os pasarrúas e a degustación dun bo cocido con grelos.

As festas patronais do Concello das Pontes, celébranse en honor á Virxe do Carme, dende o ano 1741. Todos os meses de xullo sucédense os pasarrúas, os actos culturais, deportivos e as verbenas.

Dende 1904, celébrase a famosa Romaxe da Fraga, dando continuidade ás Festas do Carme, todos os 25 de xullo. Os veciños acoden coas súas comidas á ribeira do río Eume festexando o Día de Santiago Apóstolo.
Por outra banda, temos as festas parroquiais que organiza cada parroquia do Concello, alongándose dende a primavera ata o outono.

Festas do Carmen e da Fraga

Feira dos Fungos e Cogumelos

NOVEMBRO. En tempada de cogomelos,o concello das Pontes acolle nas súas terras unha feira, que fai del o punto de atracción de todos os afeccionados a este tipo de produtos.

Estes días, desenvólvense saídas ao monte en busca de cogomelos, degustacións populares, concurso de cestas, xornadas divulgativas; en definitiva, a exaltación dun gran produto.

OUTUBRO. Celébrase na parroquia pontesa de Goente exaltando dous dos produtos máis populares da gastronomía local.

Feira do Queixo e da Mel

[powr-facebook-feed id=73d1c00b_1495710775142]