A base comercial e hostaleira é a día de hoxe unha fonte sólida en canto a mantemento e creación de emprego, sendo durando os último anos, os sectores de actividade nos que se asintan principalmente o emprendedurismo local.
O IPPEC ten como principal obxectivo o desenvolvemento de políticas activas dirixidas á promoción comercial e hostaleira, enfocando as súas diferentes liñas de actuación cara a unha mellora competitiva continua:
- Desenvolvemento da cultura do autoemprego como fórmula de incorporación ao mercado de traballo.
- Apoio e acompañamento ás iniciativas con implantación local.
- Formación de Emprendedores que dea garantías de futuro a proxectos incipientes.
- Axuda e asesoramento en temas de actualización e innovación aos negocios xa establecidos.
- Promoción de campañas de dinamización económica local.
As axudas “As Pontes Emprende” son axudas municipais á creación de empresas que o Concello de As Pontes convoca tódolos anos dentro do programa AS PONTES EMPRENDE.
Existen dúas liñas de axudas:
- IMPÚLSATE: axuda cun importe máximo de 2.000 EUROS por persoa beneficiaria para os gastos de aluguer para o desenvolvemento da actividade do ano.
- INSTÁLATE: axuda cun importe máximo de 1.000 EUROS por persoa beneficiaria para os gastos de inmobilizado material e investimento en adecuación de locais para a posta en marcha da actividade.
As instalacións do Mercado están situadas no corazón do pobo, á beira do parque municipal, sendo esta zona a máis comercial do municipio. Con valores como a calidade, a proximidade e a atención ao cliente, o mercado municipal das Pontes sitúase como líder na venda de produtos frescos na localidade. A praza de abastos ocupa un lugar destacado no comercio do Concello das Pontes, actuando como escaparate de calidade do produto galego e sendo obxecto de visita non só polos clientes habituais, senón tamén polos visitantes que se desprazan á nosa localidade atraídos polo prestixio dos produtos. Pola súa proximidade e situación estratéxica na vila, o mercado municipal xoga un valioso papel dinamizador e revitalizador do centro urbano onde se asintan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Comprar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía da boa compra.
A realización de novos investimentos na praza de abastos, contribúe a mellorar os obxectivos marcados por este centro especializado; levando a cabo unha venda moderna, con mellores servizos e infraestruturas, diversidade e excelencia, capaz de unir a tradición da compra coa modernización actual. O mercado municipal das Pontes sofre unha serie de melloras nas súas infraestruturas durante estes últimos anos, entre a que destaca a rehabilitación da fachada, remodelación da planta primeira, así como a mellora na cuberta e bajocubierta. Xunto coa dotación deste novo investimento completaríase unha serie de actuacións dando lugar a un espazo máis moderno e competitivo cara o desenvolvemento das súas funcións comerciais, económicas e sociais. Esta nova actuación contribuirá á revitalización do Mercado, servindo de instrumento na promoción dos seus valores e da súa nova imaxe comercial. VER WEB MERCADO DE ABASTOS
Unha iniciativa anual para promocionar o comercio local e dar visibilidade á calidade dos produtos do sector da moda das Pontes.
Trátase da celebración dun desfile de moda, no que son os propios clientes, os encargados de presentar as últimas tendencias que ofertan os establecementos téxtiles das Pontes.
Celébrase no mes de xuño nas proximidades do Concello, onde as rúas transfórmanse por un día en verdadeiras pasarelas de moda acompañadas de música, sorteos e, en definitiva, un festival da moda pontesa.
Certame anual que normalmente se celebra no mes de outubro con formato de concurso de tapas.
Saborea AsPontes é un percorrido gastronómico polos diferentes establecementos de hostalería da vila que ofrecen tapas a veciños e turistas, poñendo a proba a súa creatividade gastronómica en pequenos pratos con produtos de calidade.
Son os propios clientes os que valoran as tapas dos distintos establecementos da vila e outorgan o premio á “Mellor Tapa das Pontes”, doutra banda, existe un xurado profesional que valorando outro tipo de conceptos entrega o Premio Anual Saborea As Pontes.
Unha cita gastronómica que ten como obxectivo axudar ao desenvolvemento económico e social das Pontes.
MOVA son as siglas de “Mercado de Oportunidades Vila das Pontes” é unha cita organizada pola Concellería de Comercio mediante o IPPEC e en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes das Pontes na que calquera comercio das Pontes pode sacar á rúa os seus produtos en promoción.
É unha ocasión idónea para atopar todo tipo de artigos de ocasión, chegando a participar establecementos da zona de diferentes sectores: calzado, xoiería, estética, deporte, roupa, librerías, entre moitos outros.
Celébrase anualmente no mes de novembro co obxectivo de dinamizar e promover o comercio local ofrecendo aos visitantes descontos especiais en produtos de calidade.
Campaña creada polo Concello potenciando a marca As Pontes e sensibilizando aos cidadáns ponteses para que realicen as súas compras non comercio local. Desenvólvese en Nadal.
Campaña de concienciación local lanzada polo Concello das Pontes que se basea na procura dunha responsabilidade sobre o acto de compra.
O slogan “Comprar nas Pontes ten recompensa” leva tras de si unha serie de conceptos baseados na responsabilidade:
- Mantemento e creación de postos de traballo nas Pontes.
- Fomento da economía local repercutirá directamente na economía local.
- Dinamización social do noso pobo.
- Compras en establecementos dirixidos e atendidos polos teus veciños coa garantía e confianza que iso leva.
- Impulsas a renovación e innovación dos nosos establecementos comerciais así como o seu crecemento e mellora competitiva.
- Contas coa calidade asociada do servizo personalizado.
- Compras coa confianza ofrecida pola súa proximidade.
- Compras coa garantía de produtos de calidade
- Aforras tempo, diñeiro e risco en desprazamentos
A campaña “Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados nas cidades e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.
Durante a segunda quincena do mes de maio organizaranse actividades, co obxectivo de visualizar, promocionar e activar os mesmos, incentivando a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.
Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.
O Mercadillo Semanal das Pontes celébrase todos os sábados pola mañá nas inmediacións do Mercado de Abastos e consiste na venda de produtos agrícolas e gandeiros de orixe local que venden os veciños das parroquias das Pontes.
A Feira Quincenal que se celebran os días 1 e 15 de cada mes son feiras onde ademais dos produtos agrícolas e gandeiros dos veciños das parroquias, xúntanse gran cantidade de feirantes que veñen doutras localidades, dando ambiente e incrementando a oferta de produtos a disposición dos ponteses. Esta feira celébrase nas inmediacións do Parque Municipal e do Mercado de Abastos, desde a Capela do Carmen ocupando toda a Avenida do Ferrol.
As Pontes foi pioneiro na exaltación de produtos locais a través da celebración de Feiras Gastronómicas alá polo ano 1980 coa celebración da primeira “Feira do Grelo”. O éxito da mesma e a gran afluencia de público fixo que sexan varias as feiras que se celebran ao longo do ano con motivo de distintos productos locais, en orde cronolóxica son:
• Feira do Grelo. Que se celebra todos os anos o primeiro domingo de entroido.
• Feira de Queixo e a Mel, que se celebra todos os anos na parroquia pontesa de Goente no mes de outubro.
• Feira de Fungos e Cogomelos, que coincide co primeiro domingo de novembro de cada ano e que se acompaña dunha Semana Micolóxica con eventos culturais, conferencias, saídas ao monte e gastronomía.