A Concellería de Deportes Mocidade do Concello das Pontes organiza anualmente unha Gala do Deporte, para homenaxear a todos os deportistas ponteses.
Neste evento anual o Concello das Pontes premia o compromiso, o esforzo, a ilusión por alcanzar un soño e o traballo en equipo.
En xaneiro de 2017 celebrouse a XVI edición deste evento.
Nace en 2014 nas Pontes como o primeiro triatlón Ironman de Galicia. Consta de 3 segmentos: 3,8km de natación, 180 km de ciclismo en estrada e 42,2 km de carreira a pé.
A competición está aberta para participantes de calquera nacionalidade, dispoñan ou non de licenza federativa de triatlón, e sexan maiores de idade. Hai unha categoría feminina, outra masculina e outra de clubes.
Máis información : http://northwesttriman.com/
Carreira organizada polo Concello xunto ao club de atletismo Olympo que celebra a súa primeira edición en 2014. Trátase dunha carreira In Real Time, Run with Ethiopia; que se celebra en categoría absoluta sobre unha distancia de 10.000 metros, de forma simultánea coas que se organizan en Etiopía e nas distintas zonas xeográficas de España. O percorrido é entorno ao parque da Fraga. A carreira ten unha finalidade solidaria e o diñeiro recadado dóase integramente a un proxecto de axuda social.
Ó longo do ano existen outros eventos de carácter anual organizados por diversas entidades locais:
- ATLETISMO: Carreira San Silvestre, celébrase na tarde do día 31, organizada polo clube de atletismo Olympo.
- TRAIL MONTAÑA: Travesía das Fragas do Alto Eume, celébrase o primeiro domingo de xullo, e consiste nunha travesía polas Fragas da Ribeira e Lostegal, correndo, camiñando e incluso parte do recorrido en canoa, con dous recorridos de 19Km o de 29 Km. Organizada polo Clube de Montaña O Caxado.
- TRAIL. Trail de As Pontes. 29 km correndo polos montes de As Pontes. Celébrase no mes de Agosto.
- CICLISMO: Desafío Fragas do Eume. Celébrase no mes de Xuño, son 120 km con prácticamente 2.500 metros de desnivel acumulado.
- KÁRATE: Trofeo As Pontes de Kárate
- FÚTBOL SALA: Torneo de Navidad Liga Local
- FÚTBOL SALA: Maratón de verano.
- BALONCESTO: Torneo 3×3 de verano.
- PÁDEL. A lo largo del verano se celebran distintos torneos.
- AXEDREZ. Torneo As Pontes de Axedrez.
Campos de xogo do primeiro equipo do CD As Pontes, que actualmente milita en Terceira División.
Teléfono: 981 451 859 www.cdaspontes.com
Campos de fútbol na Faeira e Saa para a práctica do fútbol afeccionado e, en ocasións, actos como as festas parroquiais.
Campo de xogo do equipo local de rugby, o Club Rugby Fendetestas. Canle IV
Teléfono: 629 584 523 www.fendetestestasrugby.com
As instalacións contan con pista polideportiva, ximnasio e sauna.
De luns a venres, de 10h a 14h e de 16h a 0h. Fins de semana, só competicións.
Avenida da Habana, s/n.
Teléfono: 981 452 602
Tanto as parroquias coma o ámbito urbano do municipio contan con instalacións deportivas.
No inverno abre a diario, de 8h a 12.30h e de 16h a 23h; sábados, de 10h a 14h e de 16 h a 19.30h; en verán, de luns a venres de 8h a 13h e de 17h a 22h; sábados de 10h a 14h.
Sergio Rivera Chao s/n
Teléfono: 981 440 643
Instalacións ao aire libre abertas soamente en verán, cun vaso de 25 metros e outro para nenos.
Poboado das Veigas s/n
Teléfono: 981 452 004
Instalacións para a práctica de tiro con arco xestionadas por Club Silex.
Poboado das Veigas s/n
Instalacións para a práctica de tiro ao prato e tiro de precisión, que xestiona o club Pena da Revolta.
Crta. Pena da Revolta s/n
Teléfono: 981 445 963 www.penadarevolta.com
Club Cabaleiros do Eume. Instalacións para a práctica de diferentes modalidades hípicas.
Celso Emilio Ferreiro, 14
Teléfono: 981 440 217
O Concello das Pontes ten como obxectivo principal fomentar a práctica de distintos deportes entre todos os ponteses. Estas escolas están creadas para todas aquelas persoas que se axusten ás idades para as distintas modalidades e para servir de complemento á súa actividade física.
Están dirixidas a todas as persoas empadroadas no Concello de As Pontes e que cumpran cos requisitos de idade de cada modalidade ofertada, sempre e cando haxa prazas e por rigorosa orde de inscrición. Para máis información chamar ao teléfono: 981 452 602. Actualmente teñen actividade:
- Atletismo
- Baloncesto
- Kayak Polo
- Patinaxe
- Psicomotrocidad
- Taekwondo
- Tenis
- Tiro con arco
- Axedrez
- Gimnasia Rítmica
- Vela
- Aerobic
- Mantenimiento Físico
- Pilates