A Vila
As Pontes naceu arredor da ribeira do Río Eume onde hoxe en día se sitúa a zona máis antiga do pobo. Tomando como eixo a igrexa de Santa María de As Pontes consolidouse un núcleo urbano que deu vida ao que hoxe en día é As Pontes. Nesta zona atópanse as tres pontes máis importantes: a Ponte Romana, a Ponte dos Ferros e a Ponte de Isabel II; estes dous últimos, unidos por un paseo de madeira que permite gozar do fluír do río Eume con todo o seu esplendor.
As Parroquias
- Aparral
- Bermui
- Deveso
- Espiñaredo
- Faeira
- Freixo
- Goente
- As Pontes
- Ribadeume
- Eume
- Seoane
- Somede
- Vilavella.
As Pontes recibe o seu nome pola cantidade de pontes que podemos atopar ao longo do seu territorio. Algunhas das que teñen máis relevancia histórica mostrámolos a continuación.
Na nosa web de turismo poderás coñecer todas as pontes que habitan nas Pontes: As Pontes das Pontes
A Ponte Romana: data do século II, renovouse actualmente. Está situada no lugar do Chamoselo e daba paso á ruta romana de Lugo á Coruña.
A Ponte de Isabel II: data de 1860, de estilo romanticista, forma parte da entrada ao pobo, na estrada que unía Rábade con Ferrol.
A Ponte dos Ferros: Situada en pleno centro da Vila, data do século XV e está moi preto da anterior.
Ponte da Presa de Alende
Ponte dos Chaos
Ponte da Fraga
As Pontes é un concello rico en camiños e rutas de sendeirismo que foron postos en valor e agora forman parte do seu patrimonio.
Se queres coñecer máis sobre as rutas e a súa achega cultural e turística podes velo na nosa web: Rutas de Senderismo
Sta. María de Vilavella
San Mamede de Somede
San Pedro de Eume
Sta. María de Ribadeume
San Vicente de Pontoibo
Os Remedios de Maxarrón
San Martiño de Goente
San Roque de Goente
San Pedro da Faeira
San Xoán do Freixo
Pena de Francia
Santiago de Bermui
Santa María de Espiñaredo
Santa María do Deveso