
O Concello das Pontes está en proceso de elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Para a elaboración deste novo Plan contouse coa colaboración de todos os veciños que así o quixeron a través do proxecto IdeaAsPontes. Un proxecto de participación cidadá de carácter público a través do cal se tratou de dar a coñecer a todos os ponteses cal é a función dun Plan Xeral explicándoo dunha forma clara e sinxela e doutra banda, fomentouse a participación de todos o ponteses para a elaboración deste documento que definirá o futuro urbanístico das Pontes.
Se queres coñecer máis a preto deste proxecto podes consultar a nosa web: IdeaAsPontes
O cesamento da actividade mineira e o enchido de auga do oco da mina ao descuberto cambiou de tal forma a fisionomía do Concello das Pontes que o Lago das Pontes converteuse no elemento a través do cal se vertebra en gran parte o futuro do Concello.
Nesta representación audiovisual combináronse imaxes reais con debuxos onde se recrea o que podería ser o futuro do noso lago e os usos e actividades que se poderían chegar a realizar.
[powr-rss-feed id=141a9bb0_1496227005458]