Teleasistencia domiciliaria
Servizo de atención telefónica ininterrompida.
Este servizo permite ao usuario, ante calquera situación de emerxencia, con tan só apertar un botón, comunicarse cunha central. Alí será atendido por persoal especializado e darán resposta á situación de crise.
Dirixido a persoas maiores e persoas con minusvalidez.
Envellecemento Activo
O programa pretende contribuír a ampliar a esperanza de vida activa e saudable dos maiores, mantendo a autonomía e a independencia, e promovendo a súa participación e presenza na sociedade.
Algunhas das actividades desenvolvidas son:
- Risoterapia
- Relaxación
- Memoria
Centro de educación especial e residencial, con centro de día. A entidade dispón de 27 prazas de centro de día e 23 prazas residenciais.
Teléfono: 981 450 543
Conta con salas de traballo e de exposicións, ademais de ximnasio, cafetaría, restaurante e salóns. Habitualmente organiza actividades diversas dirixidas á terceira idade.
Avenida Ferrol, 23
Teléfono: 981 440 062