casa-dopeso-aspontes

O edificio de servizos múltiples abriuse no ano 1992 como un espazo polivalente. A súa propiedade é municipal e depende do Concello das Pontes.

O edificio consta de tres plantas e soto. No soto está situada unha sala de exposicións, unha aula de informática, camerinos e diversos almacéns. Na planta baixa encóntrase o salón de actos, con 218 butacas e un pequeno escenario, sendo a relación público-escena fixa frontal. As actividades que se realizan son moi variadas: música, teatro, danza, congresos, conferencias, reunións … e, en xeral, calquera espectáculo de pequeno formato. Na primeira planta sitúanse as oficinas do Departamento de Cultura e un almacén. Na segunda planta sitúanse as oficinas de Servizos Sociais do Concello das Pontes, unha aula polivalente e os aseos. Na terceira planta encóntrase unha sala de danza e a sala de máquinas.

DIRECCIÓN:  Casa Dopeso.  Rúa Rosalía de Castro, nº 28 – 1º. 15320-As Pontes

Teléfono: 981 44 03 44
Fax: 981 44 03 44
Móvil: 607 28 39 29
Correo Electrónico: [email protected]

cine-alovi-aspontes

Inaugurado no ano 1.951, como sala de cine comercial, naquel momento chamado de semi-luxo.

No ano 1989 o Concello das Pontes cómprao para usar como Auditorio Municipal. Despois de varias reformas, no ano 1996 sofre unha importante modificación ampliando o espazo escénico e levantando a cuberta existente sobre o escenario, mellorando as excelentes calidades que posúe para a montaxe de escenografías que precisen de decorados de tamaño medio. Posteriormente, mellóranse o illamento acústico e a remodelación total do escenario, instalándose unha cámara negra completa, truss e accesos de público.

Na actualidade, o Auditorio Municipal deixou de lado o seu nacemento como cine comercial e é utilizado para representacións teatrais, sala de cine, actuacións musicais, de danza, conferencias, e todo tipo de actos. Tamén é utilizado como local de ensaio por distintas agrupacións culturais locais.

A capacidade e dotación deste Auditorio permitiron que este espazo forme parte dunha rede ou circuíto estable da programación teatral de carácter profesional.
O Auditorio Municipal Cine Alovi é de titularidade municipal e depende do Concello das Pontes. O tipo de recinto é cuberto, sendo a relación público-escena de tipo frontal. O Auditorio dispón de billetera e de camerinos.

DIRECCIÓN: Avda. de Galicia, s/n. 15320 As Pontes  · A Coruña
Teléfono e fax: 981 44 03 44
Correo Electrónico: [email protected]

mercado-viejo-aspontes

Sala de exposicións de titularidade municipal e que depende do Concello das Pontes.

O tipo de recinto é cuberto, cunha superficie aproximada de 130 metros cadrados. Dispón de almacén, sala negra de proxeccións audiovisuais e aseos.

Trátase dun espazo para pequenos actos e exposicións con gran versatilidade e moi utilizado.

DIRECCIÓN Avda. de Ferrol, s/n. 15320 As Pontes  · A Coruña
Teléfono e fax: 981 44 03 44
Correo Electrónico: [email protected]

Espazo cultural con cantidade de libros de préstamo e con lugares propios para dispoñer dun espazo tranquilo e acolledor para gozar dun libro ou realizar calquera traballo.

A Biblioteca, situada baixo a praza de América ou Praza Vermella, dispón de tres salas de lectura e de consulta.

Á súa vez é a Sede da Asociación de Poetas Alalá.

DIRECCIÓN. Avenida Castelao s/n. 15320 As Pontes – A Coruña

Teléfono: 981 102 562 / 634 630 710

Correo Electrónico: [email protected]

Horario de inverno: de luns a venres de 09:00h a 21:00 h, sábados de 09:00h a 13:00 h

Horario de verán: xullo e agosto de luns a venres de 09:00h a 14:00h, tardes e sábados pechado.

conservatorio-aspontes

O Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez vén realizando o seu labor docente dende o curso 1989/1990.

A súa situación é no Poboado das Veigas, no antigo colexio Endesa.
A oferta educativa é de Grao Elemental e de Grao Profesional nas especialidades instrumentais de: piano, percusión, guitarra, violín, viola, violoncello, frauta travesera, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón e tuba.

As clases impártense principalmente en horario de tarde, de 15h a 22h.
O horario de secretaría durante o curso é de 15h a 21h, e fóra dos días lectivos, en horario de mañá.

DIRECCIÓN Avda. As Veigas, s/n  15320 As Pontes · A Coruña

Teléfono: 981 44 00 24 – Fax: 667 12 93 66
Correo Electrónico: [email protected]

Página web: www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalaspontes/

San Xoán
Lugar: Aparral
Fecha: 24 de Xunio (ou o fín de semana máis próximo)

San Antón e San Ramón
Lugar: Bermui
Fecha: Segundo fin de semana de Xunio (31 de Agosto)

A Asunción e San Antón
Lugar: O Deveso
Fecha: 15 de Agosto ( 13 de Xunio)

Sta. María
Lugar: Espiñaredo
Fecha: 15 de Agosto (o tercer fin de semana de Agosto)

O Rosario
Lugar: Faeira
Fecha: Primeiro domingo de Outubro

San Xoán
Lugar: O Freixo
Fecha: 24 de Xunio (ou o fín de semana máis próximo)

San Martiño
Lugar: Goente
Fecha: 11 de Novembro (ou o fín de semana máis próximo)

A Virxe do Carmen
Lugar: As Pontes
Fecha: 16 de Xulio

Sta. María e San Roque
Lugar: Ribadeume
Fecha: 15 de Agosto

San Pedro e San Roque
Lugar: San Pedro de Eume
Fecha: Cada ano dedícanlle a festa a un dos dous

San Xoán
Lugar: Seoane
Fecha: 24 de Xunio

San Mamede
Lugar: Somede
Fecha: Terceira fin de semana de Xuño

San Andrés
Lugar: Vilavella
Fecha: 30 de Novembro (ou o fín de semana máis próximo)